O principio de igualdade de oportunidades significa garantir que mulleres e homes poidan participar nas distintas esferas (económica, política, participación social, etc.) e en actividades como a educación, formación, emprego, etc., de forma igualitaria en oportunidades. Para poder conseguir esta igualdade son útiles os convenios colectivos como procesos de diálogo, achegamento e de acordo entre traballadores e empresarios ou asociacións empresariais. Aínda que aínda presentan desigualdades posto que non teñen en conta a trasversalidade de xénero en moitas ocasións.
PROPOSTAS SOBRE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
PROPOSTAS SOBRE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
- Uso de linguaxe non sexista.
- Adopción de medidas de acción positiva (acceso ao emprego de persoas de sexo infravalorado)
- Evitar a selección de persoal sen probas obxectivas.
- Mellorar a regulación legal dos contratos tanto temporais como a tempo parciais.
- Estipular cláusulas antidiscriminatorias.
- Definir o acoso sexual e o acoso moral por razón de xénero así como procedementos de solución destas situacións.
- Dar preferencia nas épocas de vacacións ás persoas con cargas familiares como medida de corresponsabilidade, etc.
DIFERENCIAS SEXUAIS, DIFERENCIAS SOCIAIS: a segregación.
O termo segregación fai referencia á concentración. No ámbito da igualdade refírese á concentración de mulleres en determinadas ocupacións e ou familias profesionais. Empregos feminizados con desigualdades no mercado laboral, asociado fundamentalmente a baixas remuneracións.
A segregación horizontal é a concentración de man de obra feminina e masculina en determinados sectores produtivos.
A segregación vertical refírese ás mulleres ocupan niveis estratéxicos máis baixos na estrutura ocupacional.
En ocasións a mellora na cualificación, na formación e na profesionalización das mulleres non as fai competitivas porque existe como un acordo escondido de diferenciación que fai que as mulleres non poidan acceder a postos de maior importancia.
QUÉ É O TEITO DE CRISTAL?
Nos anos 80 acuñouse a expresión teito de cristal. Consiste nunha barreira invisible que atopan as mulleres nun momento determinado do seu desenvolvemento profesional, que moi poucas mulleres poden franquear e que xeralmente estanca a súa carreira, moitas veces derivado de estereotipos ou prexuízos de xénero, de menor capacidade para que as mulleres poidan desempeñar postos de prestixio e responsabilidade e noutras ocasións por ligar á muller a responsabilidades domésticas e familiares.
A situación laboral das mulleres caracterízase por:
- Escasa diversificación ocupacional: elíxense estudos e búscase emprego nun número máis escaso de ocupacións (segregación horizontal)
- Desempéñanse postos de traballo similares aos domésticos ou en categorías baixas.
- Maior taxa de desemprego.
- Realización de dobres xornadas (fora e dentro do fogar).
- Discriminación salarial.
- Contratacións máis precarias, temporais e mal pagas, ademais de estar concentradas en categorías máis baixas (segregación vertical)
Con lentitude pero xa comezan a sensibilizarse moitos sectores para aceptar e levar a cabo esa división sexual do traballo principalmente na orde pública ou extradoméstico, é máis lenta aínda esa asunción nas tarefas de índole doméstico.
Revisando na web información sobre o teito de cristal atopeime co documento realizado polo Ministerio de Economía, Industria y Competitividad no ano 2016, no cal se recollen estatísticas e indicadores da (des)igualdade de xénero na formación e profesión científica. Neste documento amósase que España está por riba da media europea en porcentaxe de doutoras e investigadoras, aproximadamente cun 39%, pero aínda que se avanza na carreira científica e nalgún órgano de goberno. A realidade é que poucas son as mulleres que ostentan cargos de alta dirección, polo que contan con dificultades de avanzar de xeito igualitario que os compañeiros varóns.
Se vos interesa e queredes ter mais información déixovos o enlace ao documento completo:
- Científicas en cifras .
Foto curiosa de Marie Curie no medio doutros científicos, sendo ela a única muller.
Se vos interesa e queredes ter mais información déixovos o enlace ao documento completo:
- Científicas en cifras .
Foto curiosa de Marie Curie no medio doutros científicos, sendo ela a única muller.
Esa barreira invisible que é denominado teito de cristal, como metáfora desa dificultade das mulleres de poder abrirse paso e avanzar en postos de responsabilidade parece que existe sobre todo en consellos de dirección de grandes empresas ou incluso na política, posto que non aparecen as mulleres como destacadas neles.
De aí, a necesidade de romper esas barreiras invisibles, que xa as comezan a chamar nalgúns artigos de opinión como teitos de formigón, a través de medidas proactivas que garantan a igualdade, visibilizando o traballo diario, a capacidade, a responsabilidade deixando de lado a discriminación.
Para rematar aporto o seguinte vídeo no que dous científicos poñen en común os seus puntos de vista sobre as dificultades que tiveron ou non á hora de desenvolver os seus postos de traballo no eido científico.
Outros enlaces que vos poden interesar:
A segregación laboral por razón de xénero.
Mujeres ante el techo de cristal.
A segregación laboral por razón de xénero.
Mujeres ante el techo de cristal.
Ata aquí a miña aportación ao voso blog. Espero que fose de proveito para ampliar a información compilada nos artigos que tedes creados.
Grazas por permitirme participar.
Celia Barbazán.

No hay comentarios:
Publicar un comentario